Unións Agrarias denuncia que gran parte dos viticultores do Salnés teñen aínda uva sen saída
Por Redacción
O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) denuncia que o acordo coas adegas na Denominación de Orixe Rías Baixas non se cumple.
Xosé Ramón González, secretario de Agricultura de UU.AA. afirma que o acordo da Mesa do Viño proposto pola Xunta e asinado entre as adegas e organizacións agrarias, entre as que non se atopaba Unións Agrarias por consideralo unha trampa e unha imposición do sector industrial aos produtores, "nin sequera se está cumprindo no referente ao compromiso de recoller toda a produción de uva amparada".
Este sindicato agrario recolle as denuncias dun grupo de produtores da zona do Salnés e din que "case todas as explotacións teñen uva sen saída xa que as adegas non se comprometen a recollela aducindo que esgotaron a capacidade financeira de compra".
Unións Agrarias xa advertira que esta ia a ser a estratexia de presión dos adegueiros para forzar a un abaratamento do que eles chaman uva excedentaria. O sindicato advirte que "non vai a permitir que as adegas chantaxeen co prezo aos viticultores co falso pretexto de que sobra uva".
O sindicato Unións Agrarias lamenta que un ano máis se teña que ter chegado a esta situación que "pon en risco a estabilidade e viabilidade da Denominación de Orixe". Neste sentido reclama a convocatoria urxente da Mesa do Viño para poñer "racionalidade e normalidade" nun sector económico de gran importancia para Galicia.
Relacionadas:
-
Unións Agrarias reprocha á Xunta que priorize os adegueiros fronte aos viticulores na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
A vendima chegou con atraso a Rías Baixas pero boa calidade
Por Oskar Viéitez & Aitana Vidal |
-
Comeza unha vendima que se prevé "abundante e de boa calidade" na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |