Unións Agrarias reprocha á Xunta que priorize os adegueiros fronte aos viticulores na D.O. Rías Baixas
Por Redacción
O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) denunciou nos últimos días que as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas incumpliron este ano os acordos da Mesa do Viño no que respecta ao compromiso de recoller toda a produción de uva amparada na D.O., de tal maneira que ben avanzada a vendima case todas as explotacións da zona do Salnés tiña uva sen saída. Este mércores repite críticas e centra as súas críticas á Consellería do Medio Rural porque ao permitir este tipo de situacións "prioriza as adegas" en detrimento dos viticultores.
Unións Agrarias denuncia que a consellería "está apostando claramente por un cambio de modelo produtivo na D.O. Rías Baixas no que os viticultores acaben sendo xornaleiros das grandes adegas", pois "só así se entenden os continuos chamamentos a regulación da produción por parte da Xunta só cando se refire ós colleiteiros, pero non así as adegas".
Así, aseguran que algunha das adegas de Rías Baixas ven de plantar máis de 40 hectáreas de viñedo co beneplácito do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, mentres os viticultores quedan co excedentes sen saída.
Ante esta críticas, Unións Agrarias aposta por unha D.O. con normas transparentes y reclama unha vez máis que se poñan ao día os censos de produtores para poder descualificar a aqueles integrantes que non merezan formar parte dos mesmos.
Neste mesmo sentido, desde a organización agraria repiten a petición de que se celebre unha Mesa do viño "para cortar de raíz as prácticas especulativas que cada ano se poñen en marcha ao chegar a vendima para tirar o prezo da uva".
Dende o punto de vista de UU.AA., o control da produción debe significar deixar as uvas na parra, senón a aplicación dun panel de accións que van desde a poda en verde ata que as adegas teñan ao día os pagamentos aos colleiteiros e deixen de financiarse a custe cero con cartos doutros.
Relacionadas:
-
Viticultores de Rías Baixas levan sen cobrar as súas uvas dende a colleita de 2011
Por Natalia Puga |
-
Unións Agrarias denuncia que gran parte dos viticultores do Salnés teñen aínda uva sen saída
Por Redacción |
-
Unións Agrarias critica o acordo de prezos da mesa do viño por ser "unha imposición das adegas"
Por Oskar Viéitez |