Unións Agrarias critica o acordo de prezos da mesa do viño por ser "unha imposición das adegas"
Por Oskar Viéitez
O sindicato Unións Agrarias reunirá as súas estructuras comarcais na Denominación Rías Baixas o vindeiro 6 de setembro para valorar unha resposta "á imposición unilateral dun prezo para as uvas por parte das adegas".
A negociación do prezo da uva na Denominación de Orixe Rías Baixas, popularmente coñecida como a Mesa do Viño, rematou esta semana con acordo. Nesta reunión non estivo presente ningún representante do Unións Agrarias, mais si houbo representación doutras forzas sindicais.
O Sindicato Labrego Galego valorou despois desta reunión que "todo o mundo é consciente do delicado momento económico, e ante a posibilidade dun mercado libre que faga tirar os prezos polo chan, acordouse apretar o cinto".
En concreto os adegueiros comprometéronse a pagar a un euro o kilo de uva, de entre 12,5 y 13 grados. Tratase dun pacto entre cabaleiros que as partes comprométense a respectar pero que a normativa europea pola libre competencia prohíbe.
Dende Unións Agrarias sinalan que "cunha caída de prezo de máis dun 40% respecto de 2011 non se pode falar de negociación no prezo da uva senón de imposición sobre o traballo e a viabilidade dos produtores".
Nesta situación este sindicato "non ve posibilidade de acordo para esta vendima senón se actualizan os prezos razonablemente para que os viticultores poidan seguir mantendo a súa actividade".
Relacionadas:
-
Unións Agrarias reprocha á Xunta que priorize os adegueiros fronte aos viticulores na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
A D.O. Rías Baixas agarda comercializar máis de 20 millóns de litros coa colleita deste ano
Por Redacción |
-
Unións Agrarias critica a implantación do modelo 'Falcón Crest' na viticultura das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A mesa do viño Rías Baixas alcanza un acordo para a vendima que arrancará o 25 de setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Unións Agrarias reclama un control da produción da D.O. Rías Baixas limitando as novas plantacións
Por Redacción |