Cerdedo-Cotobade dispón xa doutras oito vivendas rehabilitadas para alugueiro social
Por Redacción
A Xunta concluíu esta semana en Cerdedo-Cotobade a rehabilitacion das oito antigas vivendas de mestres que se van a destinar a alugueiro social. Estas últimas, xunto a outras dúas, xa entregadas aos seus adxudicatarios, supuxeron un investimento dun millón de euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Jorge Cubela visitaron o resultado da actuación. O Instituto Galego de Vivenda e Solo xa procedeu á adxudicación destas vivendas e estase comprobando a documentación dos solicitantes para proceder canto antes á entrega de chaves. "A partir de hoxe Cerdedo-Cotobade conta cunha decena de vivendas máis que destinaranse ao alugueiro en condicións vantaxosas para familias con baixos recursos económicos", apuntou Vázquez durante a visita.
A parcela destas vivendas está próxima a un parque e a escola infantil. Son inmobles encostados, con planta baixa e primeiro, nunha superficie construída de 102,62 m 2 cada un. A rehabilitación incluíu unha mellora da eficiencia enerxética dos inmobles, da instalación eléctrica, acondicionouse o interior, dotáronse de mobiliario e electrodomésticos no caso das cociñas, acondicionáronse igualmente os patios e a maquinaria de calefacción e auga quente.
Ademais destas dez antigas casas de mestres, o pasado ano o Concello recibía axudas autonómicas para recuperar catro vivendas de titularidade municipal, outras tres co Programa de Infravivenda e para a instalación de cinco inmobles de madeira prefabricados. "Ao redor de 2,2 millóns de euros para que familias con baixos recursos accedan a un fogar en óptimas condicións".
Relacionadas:
-
A Xunta aluga as antigas casas de mestres de Cerdedo logo da súa rehabilitación
Por Redacción |
-
Cubela cualifica de récord os 10 millóns de euros investidos nas obras realizadas no municipio durante 2021
Por Redacción |
-
Masiva protesta en Carballedo polo peche da sucursal de Abanca
Por Redacción |
-
Remata a mellora de accesibilidade no entorno da praia fluvial da Xesteira
Por Redacción |
-
Inician a instalación de fibra óptica en Carballedo e a zona alta de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |