A Policía Local de Poio colaborará coa DGT nunha campaña de control de exceso de velocidade
Por Redacción
A Policía Local de Poio volve colaborar coa Dirección General de Tráfico (DGT) a través dunha nova campaña especial de control e sensibilización sobre excesos de velocidade, que se realizará entre os días 12 e 18 de xullo, e que incluirá un incremento da vixilancia, especialmente en vías de máis perigo e incidencia en accidentes con feridos.
Neste sentido, dentro do calendario anual de accións da DGT sobre Seguridade Viaria, os axentes da Agrupación de Tráfico e da Policía Local de Poio aumentarán a vixilancia sobre os vehículos comprobando que se cumpren os límites de velocidade establecidos dentro do termo municipal.
Segundo fontes municipais, os controis realizaranse cun radar que a DGT cedeu á Policía Local e cun radar velo láser cedido pola empresa concesionaria de multas.
Con respecto aos datos da anterior campaña, a Policía Local detectou velocidades excesivamente altas: zonas de 30 a 80km/h e en zonas de 50 a 100 km/h, con porcentaxes de 90% onde os condutores controlados infrinxen a norma.
Así mesmo, destacan que este tipo de campañas buscan concienciar sobre a importancia de respectar os límites establecidos, xa que a velocidade inadecuada "ten unha influencia directa, tanto na ocorrencia como na severidade dos accidentes de tráfico" tal e como demostran os estudos realizados nos últimos anos.
É por iso que a estatística por accidentes por ano en Poio, só competencia en zonas urbanas de policía local, demostran que o número de feridos vai en aumento e, só no último semestre, hai máis feridos que en calquera outro ano completo debido ao aumento de velocidade, ocasionado polas restricións de circulación xa que a menor número de coches circulando, maior velocidade e índice de sinistralidade e feridos.
Desta forma, a Policía Local de Poio controlará especialmente aqueles tramos de risco asociado á velocidade, así como aqueles puntos onde a circulación supera o límite establecido e existe un elevado índice de sinistralidade como son a PO-308 na zona da Barca, Avenida da Porteliña, San Xoán, Combarro e a zona de Campelo, con 2 mortos e 4 feridos graves. Tambien nas zonas de Anafáns e Rúa Esqueiriños.
Segundo destacou o corpo policial, tamén rexistraron peticións veciñais para controlar a velocidade nos puntos da Avenida da Cruz en Combarro, Travesía Seara, Rúa Lameiriña, Campelo, e Illa de Tambo.
Estatísticas de accidentes por ano en Poio
Accidentes en 2017: 176 de danos, 26 con feridos leves, 2 con feridos graves e 1 morto.
Accidentes en 2018: 188 de danos, 24 con feridos leves, 3 con feridos graves e 0 mortos.
Accidentes en 2019: 202 de danos, 38 con feridos leves, 4 con feridos graves e 0 mortos.
Accidentes en 2020: 178 de danos, 39 con feridos leves, 2 con feridos graves e 1 morto.
Accidentes en (6 meses) de 2021: 100 de danos, 41 con feridos leves, 1 con feridos graves e 0 mortos.
Relacionadas:
-
Unha semana co ollo máis atento á velocidade de vías convencionais e urbanas
Por Redacción |
-
Tráfico redobra esta semana a vixilancia sobre camións e autobuses
Por Redacción |
-
A criminalidade en Poio: os danos, roubos e estafas son os delitos máis frecuentes e a violencia de xénero tende á alza
Por Natalia Puga |
-
Buscan un veciño de Pontevedra que fuxiu tras un accidente no que resultou ferido un home que acababa de coñecer nun bar
Por Natalia Puga |
-
Catro auxiliares incrementarán a presenza policial en Poio durante o verán
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Oito alcoholemias positivas en Poio durante a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
Un condutor, que dá positivo en consumo de cocaína, impacta contra unha moto deixando ferido ao piloto
Por Redacción |
-
Un veciño de Vigo de 35 anos causa un accidente na rotonda da Barca e dá positivo en consumo de alcohol e drogas
Por Redacción |