Oito alcoholemias positivas en Poio durante a noite de San Xoán
Por Redacción
Ata oito condutores detectaron os axentes da Policía Local de Poio en estado de embriaguez durante a pasada noite de San Juan.
Sete deles foron denunciados pola vía administrativa, pero un foino penalmente ao dar un resultado positivo de 0,86 mg/l por aire espirado, case catro veces máis da taxa máxima permitida.
Os positivos rexistráronse en Raxó, San Xoán, San Salvador e Campelo e, en total, a Policía Local realizou onte á noite 150 test de alcoholemia e foron controlados uns 600 condutores.
Con respecto ao resto de incidencias, sinalan desde este corpo policial, foi unha noite tranquila, xa que non houbo problemas relacionados con fogueiras ou aglomeracións en praias e a hostalería do municipio mantivo un comportamento exemplar.
Só se detectaron dúas grelladas non autorizadas na vía pública, interveuse unha arma -unha pistola de cuarta categoría- que portaba un menor de idade sen autorización e incautáronse pequenas doses de haxix e marihuana.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio colaborará coa DGT nunha campaña de control de exceso de velocidade
Por Redacción |
-
Catro auxiliares incrementarán a presenza policial en Poio durante o verán
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Poio chama a "extremar as precaucións" pola covid nas 130 fogueiras privadas previstas por San Xoán
Por Oskar Viéitez |