O xuízo da Operación Bodeguilla acolle a declaración do falecido "Lucky" Luciano
Por Oskar Viéitez
Os maxistrados da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra decidiron deixar para o vindeiro mércores día 23 de xuño ás 10.15 horas a declaración dos seis acusados da operación “ Bodeguilla” contra o narcotráfico.
Este venres concluíron as declaracións de testemuñas e peritos, ata 41 persoas estaban citadas, e atendendo á solicitude dos avogados das defensas os procesados pecharán o xuízo.
A sesión deste venres tivo como protagonista ao, segundo o fiscal, presunto xefe da rede de narcotraficantes, o falecido Luciano 'Chano' Núñez, coñecido tamén como Lucky Luciano e condenado na operación Nécora.
O letrado da Administración de Xustiza leu na sala as declaracións feitas por Luciano en sede xudicial o 2 de xuño do ano 2016 e o 15 de maio de 2017. Nelas o agora falecido desvinculábase completamente desta operación de narcotráfico “afirma que non ten parte en nada” recollía o texto da declaración.
Naquelas comparecencias Luciano tratou de “aclarar” a súa coincidencia cos outros investigados en varios encontros en distintas localidades e tamén a súa relación co garda civil que actuou encuberto infiltrándose na organización delituosa. Así, aseguraba que aqueles contactos tiñan que ver coa súa empresa Bodegas Núñez que trataba de reflotar despois de que entrase en concurso de acredores.
Luciano Núñez chegaba a situar ao axente da garda civil como instigador daquela rede criminal para introducir droga en España a través de contedores marítimos mediante do método do 'gancho cego'.
O fiscal Antidroga, Pablo Varela, solicita penas de entre dez anos e medio de cárcere e quince anos de prisión para os seis acusados.
Relacionadas:
-
42 anos de cárcere e 480 millóns de multa para os acusados pola "Operación Bodeguilla"
Por Redacción |
-
O fiscal Antidroga mantén a petición de 77 anos de cárcere para a rede de narcos do falecido 'Lucky Luciano'
Por Natalia Puga |
-
Os acusados da operación Bodeguilla exclúense de toda relación co alixo de droga e acusan un garda civil
Por Natalia Puga |
-
Os acusados da operación 'Bodeguilla' pecharán o xuízo ao aceptar a Audiencia atrasar a súa declaración
Por Natalia Puga |
-
A xuízo seis persoas implicadas na Operación Bodeguilla contra o narcotráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Unha operación antidroga dirixida desde Pontevedra incauta preto de media tonelada de cocaína
Por Redacción |
-
Detido por un alixo de cocaína un narco do 'caso Nécora' ao que queimaron os testículos nun asalto
Por Redacción |