Detido por un alixo de cocaína un narco do 'caso Nécora' ao que queimaron os testículos nun asalto
Por Redacción
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa dirixe unha operación contra o tráfico de drogas en cuxo marco se realizaron unha quincena de detencións practicadas pola Edoa da Garda Civil e o grupo Greco-Galicia da Policía Nacional en toda España nas últimas horas.
Entre os arrestados chama a atención a presenza do adegueiro de Vilanova de Arousa Luciano Núñez Villanueva, Chano, coñecido narco do 'caso Nécora' que no ano 2012 foi vítima dun violento asalto na súa vivenda de Vilanova no que lle torturaron queimándolle os testículos.
Xunto á do adegueiro vilanovés tamén destaca a detención dun empresario residente en Vigo, de iniciais R.J.D.F.
A bautizada como "Operación bodeguilla" arrincou tras a intervención no porto gaditano de Alxeciras dun colector en cuxo interior se atoparon ao redor de 500 quilos de cocaína. O colector con droga entraría por un porto da provincia de Pontevedra.
Nas próximas horas está prevista a declaración nos xulgados de Arousa de nove persoas e as outras sete pasarán a disposición xudicial noutros puntos de España.
O xulgado decretou o segredo de sumario.
Relacionadas:
-
O xuízo da Operación Bodeguilla acolle a declaración do falecido "Lucky" Luciano
Por Oskar Viéitez |
-
Os acusados de introducir 400 quilos de cocaína en España decláranse inocentes e piden a nulidade das investigacións
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha operación antidroga dirixida desde Pontevedra incauta preto de media tonelada de cocaína
Por Redacción |
-
Condenan a once anos de prisión o asaltante que torturou un adegueiro de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
"Me siento víctima de todo esto", declara o acusado de queimarlle os testículos a un bodegueiro
Por Oskar Viéitez |