A Garda Civil reorganiza os seus servizos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, subliñou este luns que a reorganización do servizo que presta a Garda Civil no termo municipal de Cerdedo-Cotobade vai mellorar a prestación para a veciñanza deste concello.
En concreto esta reorganización supón dos cambios fundamentais. O primeiro será que o actual posto da Garda Civil de Cerdedo pasa a prestar o seu servizo en todo o termo municipal nacido da fusión deste concello con Cotobade. O segundo será que, ate de agora, o posto de Cerdedo dependía organicamente da compañía de Lalín e, a partires de mañá día un de xuño, pasa a depender da compañía de Pontevedra.
Segundo Maica Larriba, isto vai supor unha mellora operativa e de prestacións para a veciñanza do termo municipal de Cerdedo-Cotobade cunha maior facilidade para a veciñanza.
Os datos aportados pola Subdelegación do Goberno sinalan que o concello de Cerdedo-Cotobade ten unha porcentaxe de infraccións penais moi por debaixo da media da provincia de Pontevedra. De feito, nos primeiros catro meses deste ano o número de infraccións foi de 37, o que apenas supón o 0,16 por mil habitantes.