Incendio nunha vivenda abandonada na avenida de Uruguai
Por Redacción
Ao redor das 06.30 horas deste domingo 9 de maio orixinábase un incendio nunha casa abandonada situada na avenida de Uruguai, detrás da vivenda na que residiu o profesor Xosé Filgueira Valverde na rúa Arcebispo Malvar.
Segundo explican desde o Parque de Bombeiros de Pontevedra, ao chegar os efectivos para intervir o lume xa se atopaba estendido e as lapas sobresaían por encima do teito do inmoble.
Os traballos centráronse en evitar que o lume afectase o edificio de vivendas situado á beira, en cuxo baixo se atopa un taller mecánico. As lapas foron controladas, pero as dotacións de bombeiros continuarán ao longo de toda a xornada deste domingo apagando as ascuas que poidan xurdir, debido a que neste inmoble hai numerosos entullos que poden provocar a reactivación do lume.
Non se rexistraron danos persoais nin se viron afectadas as vivendas do edificio contiguo. Os primeiros indicios sinalan a que o lume se orixinou debido a que esta casa é utilizada por un indixente para durmir e habitualmente acende unha fogueira para quentarse.
Precisamente en agosto de 2017 tamén se rexistraba un incendio na vivenda na que residiu Filgueira Valverde, un edificio protexido por Patrimonio. Naquel momento, as investigacións sinalaran que se trataba dun lume intencionado con tres focos de orixe.
Relacionadas:
-
Primeiros pasos para rehabilitar a Casa de Filgueira Valverde
Por Oskar Viéitez |
-
Amplo despregamento para sufocar un incendio nunha céntrica pizzería
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Dron policía para tentar localizar a orixe do incendio da avenida de Uruguai
Por Redacción |
-
Os bombeiros atoparon tres focos de orixe do incendio na antiga casa de Filgueira Valverde
Por Redacción |
-
As tarefas de extinción do lume en Arcebispo Malvar, en vídeos e fotos
Por Diego Torrado & Redacción | Creada e actualizada
-
Un bombeiro resulta ferido nun incendio na antiga casa de Filgueira Valverde
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada