Os bombeiros atoparon tres focos de orixe do incendio na antiga casa de Filgueira Valverde
Por Redacción
A falta dos informes finais do xefe do parque de Bombeiros de Pontevedra, Miguel Estévez, e da Policía Científica todo fai presaxiar a intencionalidade do incendio que se rexistraba no inmoble da rúa Arcebispo Malvar, na antiga vivenda do autor Filgueira Valverde, durante a mañá deste domingo 20 de agosto.
Os axentes da Policía Científica continúan realizando os traballos de investigación no edificio, que se atopa en mal estado, segundo informaba a concelleira responsable do servizo de seguridade cidadá, Carme da Silva.
Da Silva indicou que os bombeiros detectaron tres focos distintos da orixe das lapas e iso evidencia que foi intencionado porque normalmente un lume destas características ten un único punto de inicio.
O edificio conta con catro referencias catastrais, pertence a unha das fillas de Xosé Filgueira Valverde e foi construído sobre unha torre do Pazo de Paio Gómez Charino. Trátase dun edificio protexido por Patrimonio.
Este suceso provoca que se teñan que reubicar catro mesas da Feira Franca, que varios colectivos proxectaban instalar nesa contorna. Os bombeiros traballan na instalación para evitar que o edificio colapse.
Relacionadas:
-
Incendio nunha vivenda abandonada na avenida de Uruguai
Por Redacción |
-
As tarefas de extinción do lume en Arcebispo Malvar, en vídeos e fotos
Por Diego Torrado & Redacción | Creada e actualizada
-
Un bombeiro resulta ferido nun incendio na antiga casa de Filgueira Valverde
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada