Repunte de casos con 39 novos contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade actualizou este xoves 6 de maio os datos de incidencia da pandemia do Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés cun repunte 15 casos máis que onte mércores co que xa son 488 os casos activos.
Respecto a a xornada do mércores hai un paciente máis ingresado no Hospital do Salnés. Así xa son 21 pacientes os pacientes con covid en planta de hospitalización repartidos da seguinte maneira, seguen sendo 9 os ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e agora xa son 12 no Hospital do Salnés.
Non hai variación na UCI. Continúan 8 enfermos críticos na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Así mesmo, permanecen 449 casos de coronavirus leves ou asintomáticos evolucionando nos seus respectivos domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.113 pacientes (24 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 173 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.201, que se engaden ás 217.518 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.072, deles 702 son da área da Coruña, 226 da de Lugo, 271 da de Ourense, 488 da de Pontevedra, 897 da área de Vigo, 395 da de Santiago e 93 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 149 en unidades de hospitalización e 2.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.715 persoas curadas, rexistrándose 2.392 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.091.968.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.289.153.
Relacionadas:
-
Primeira dose de vacina para o alcalde e a subdelegada do goberno: "Todo o mundo sensato quere vacinarse"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Continúa un progresivo aumento de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 alcanzan a trintena nunha área con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Bicos e apertas regresarán ás residencias galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Non haberá toque de queda en Galicia nin límites á mobilidade, bares abrirán ata as once e restaurantes ata a unha
Por Alejandro Espiño |