Primeira dose de vacina para o alcalde e a subdelegada do goberno: "Todo o mundo sensato quere vacinarse"
Por Cristina Saiz & Redacción
"Todo o mundo sensato quere vacinarse", así se manifestaba Miguel Anxo Fernández Lores este sábado despois de recibir a primeira dose da vacina PFizer, citado pola Consellería de Sanidade por idade no Recinto Feiral.
O alcalde de Pontevedra aproveitou a ocasión para mostrar a súa preocupación porque se estea evitando a inoculación de AstraZeneca, vacina que cría que ía recibir nesta xornada. "Non sei por que non se está utilizando porque todas son boas e é mellor que non vacinarse. Os efectos secundarios están en porcentaxes ridículas en comparación con outros medicamentos", sinalou o rexedor, médico de profesión.
Lembrou que no equipo de goberno do Concello nin el nin ningún integrante tivo síntomas de coronavirus durante os últimos 14 meses "aínda que estivemos ao pé do cañón sempre", e relacionou esta situación coa sorte.
Lores agarda que gran parte da poboación, sobre todo os grupos de maior risco, estean vacinados no verán pero recoñeceu que o problema se atopa na subministración das vacinas e non na súa aplicación porque "aquí temos experiencia e un sistema sanitario que en dous ou tres meses pode vacinar a toda a poboación, como xa se fai coa gripe". Mostrouse esperanzado para que no verán ou no último trimestre do ano se poida realizar unha "vida máis normal" co obxectivo de que se reactive a economía.
SUBDELEGADA DO GOBERNO
Tamén durante o venres recibía a vacina no Recinto Feiral a subdelegada do Goberno Maica Larriba. A representante gobernamental agradeceu o traballo que realiza o persoal da Consellería de Sanidade da Xunta e animou, a través das redes sociais, a toda a cidadanía a vacinarse.
CITACIÓNS PARA O DOMINGO
A Consellería de Sanidade sinala que este domingo 9 de maio, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés citou no Recinto Feiral a 1.960 persoas, con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, para que reciban a segunda dose da vacina PFizer. O horario para a subministración será entre as 09.00 e as 14.00 horas.
Tamén se convocou a 331 persoas en Vilagarcía de Arousa para que acudan ao pavillón de Fexdega. Trátase tamén de persoas que se atopan nesa franxa de idade, entre 70 e 79 anos, que están pendentes da segunda dose. O horario de administración tamén é só durante a mañá.
A últimas horas da mañá deste sábado volveron rexistrarse colas de persoas na entrada do Recinto Feiral de Pontevedra citadas polo SERGAS para a vacinación.
Relacionadas:
-
Sanidade cede á presión e permitirá aos menores de 60 anos repetir con AstraZeneca
Por Alejandro Espiño |
-
A vacina monodose de Janssen tamén se inxectará a menores de 60 anos
Por Redacción |
-
O Sergas empeza este martes a administrar a vacina de Pfizer a menores de 60 e cita a 3.900 para o primeiro día
Por Redacción |
-
Máis de 5.100 persoas maiores de 60 anos, citadas a vacinarse este luns na área sanitaria
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
34 pacientes, dous máis nas últimas horas, ingresados nos hospitais da área por covid-19
Por Redacción |
-
Continúa un progresivo aumento de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por covid-19 alcanzan a trintena nunha área con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Repunte de casos con 39 novos contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |