A reforma integral do parque da Praza de Europa continúa coa mellora do pavimento
Por Redacción
A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, dirixida por Iván Puentes, contiúa coa mellora da zona de xogos da Praza de Europa. A área de lecer do barrio de Monte Porreiro, dotada cunha tirolina de máis de 20 metros, mellorou nestes días o pavimento da súa contorna.
Esta última obra foi executada cun orzamento de 9.357,15 euros e supón a optimización do firme cunha achega de terra vexetal e a delimitación da rede de sendas internas mediante bordos de formigón.
Trátase do pistoletazo de saída dun plan de reforma integral de todo o parque, no que tamén contemplan a creación dunha nova pista polideportiva e renovación de todo o mobiliario.
Así o avanzou este sábado o concelleiro socialista Iván Puentes, quen subliñou que estas últimas actuacións son "a antesala dun ambicioso proxecto de axardinamento e mellora paisaxística de todo o parque", no que se investirán arredor de 60.000 euros.
A esta cifra hai que sumarlle os case 40.000 investidos, o que supón un esforzo económico de 100.000 euros
Dentro da reforma tamén está contemplada a dotación dun sistema de rega nos xardíns que rodean o parque, a plantación de arborado e planta arbustiva e a substitución dalgúns exemplares en mal estado.
Relacionadas:
-
O goberno local dará luz verde este luns á pista polideportiva do parque da Praza de Europa
Por Redacción |
-
A nova pista polideportiva da Praza de Europa estará lista a principios de 2022
Por Redacción |
-
O Concello acomete a renovación do parque da rúa Irlanda
Por Redacción |
-
Unha nova pista polideportiva e a apertura dos jardíns da UNED, 'guinda' á reforma da Praza de Europa
Por Redacción |
-
O parque da Praza de Europa estreará a súa tirolesa "en próximas semanas"
Por Redacción |
-
Corenta mil euros para reformar a zona de xogos da Praza de Europa
Por Redacción |