O parque da Praza de Europa estreará a súa tirolesa "en próximas semanas"
Por Redacción
Operarios dunha carpintería de Sanxenxo, especializada no tratamento da madeira para mobiliario urbano, iniciaron os traballos de instalación da tirolesa de máis de vinte metros de lonxitude que se colocará no parque da Praza de Europa, en Monte Porreiro.
Este elemento forma parte do proxecto municipal para renovar de xeito integral esta zona de lecer, situada entre as rúas Bélxica e Alemaña. O seu orzamento é de case 20.000 euros.
O edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, adiantou que a previsión é que a tirolesa estea colocada "en próximas semanas". Será, engadiu o concelleiro socialista, un "enorme atractivo" para os nenos e nenas deste barrio pontevedrés.
A tirolesa estará construída en madeira e aceiro inoxidable de alta resistencia e terá un acceso mediante rampla, incorporando o correspondente valado de seguridade na contorna do xogo.
A madeira está certificada e foi fabricada a través dun modelo de xestión forestal sostible. Ademais, conta cos tratamentos imprescindibles para garantir unha axeitada duración.
Relacionadas:
-
Unha nova pista polideportiva e a apertura dos jardíns da UNED, 'guinda' á reforma da Praza de Europa
Por Redacción |
-
A reforma integral do parque da Praza de Europa continúa coa mellora do pavimento
Por Redacción |
-
Arromban a Escola Taller de Monte Porreiro tras anos de abandono
Por Redacción |
-
Corenta mil euros para reformar a zona de xogos da Praza de Europa
Por Redacción |
-
Monte Porreiro terá unha tirolina de máis de 20 metros no parque da praza de Europa
Por Redacción |