Luz verde ao informe ambiental para o novo centro de saúde de Caldas
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación do informe ambiental estratéxico que dá luz verde á urbanización e ordenación da parcela da parroquia de Santa María na que o Concello de Caldas planea a construción do novo centro de saúde.
O anuncio foi recibido con satisfacción polo goberno local, que o ven como o exemplo de que están a poñer todo do seu parte para a construción deste centro sanitario. "Estamos sendo dilixentes e demostrando eficacia na xestión ao traballar para cumprir minuciosamente con todos os trámites administrativos", dixo o alcalde Juan Manuel Rey.
O seguinte paso será o de redactar o definitivo Plan Especial de Reforma Interior (PERI) que terá por obxecto a ordenación da parcela dotacional situada ao sur do núcleo urbano. A superficie de actuación ten un ámbito de 6.870 metros cadrados. A ordenación proposta establece tres parcelas: o novo centro de saúde, a ampliación do cuartel da Garda Civil e o edificio da Escola de Música.
Con todo, o informe se que require a concreción dunha serie de condicións de edificación e urbanización que favorezan a integración da fachada que dá fronte á o Camiño Portugués a Compostela, polo que Patrimonio terá que dar o visto e prace ao proxecto construtivo.
Coa tramitación administrativa e urbanística en marcha, o rexedor espera que "a Xunta inclúa o centro de saúde nos próximos orzamentos autonómicos para facelo unha realidade canto antes".