A bandeira tricolor do pobo xitano xa ondea na Casa Consistorial
Por Mónica Patxot & María José Pita
Este ano 2021 cúmprese o 50 aniversario do Primeiro Congreso Mundial Xitano que fixou para o 8 de abril a celebración do Día Internacional do Pobo Xitano. O Concello de Pontevedra homenaxea nesta data á comunidade xitana da cidade co despregamento da bandeira xitana na fachada da Casa Consistorial.
"Hace cincuenta años se hizo un congreso en Londres donde se instauró este día y se reconoció nuestra bandera, la bandera gitana, que es azul y verde, donde el azul significa el cielo, el verde el campo y la rueda de errante", explica Rebeca Flórez, en representación da Fundación Secretariado Gitano.
Esta simboloxía recolle a esencia dunha cultura nómade cuxa presenza en España está documentada dende hai preto de 600 anos, pero tamén rebela, na cor vermella da roda, un pasado tráxico e a miúdo esquecido na recente Historia do século XX. "Los gitanos siempre fueron perseguidos desde millones de años y en el Holocausto murieron muchos miles de gitanos. Sí se nombra a los judíos pero nunca al pueblo gitano", apunta Flórez, en referencia ao porqué da cor sangue da roda que ilustra a bandeira xitana.
Así mesmo, este recordo aos xitanos vítimas do nazismo recóllese no himno xitano 'Gelem, gelem' (en galego 'Andei, andei'), composto por Jarko Jovanovic e que tamén quedou instituído dun xeito oficial no Congreso de Londres de 1971.
Pola súa banda, o concelleiro de Benestar Social en Pontevedra, Marcos Rey, quixo reafirmar o compromiso do Concello capitalino coa comunidade xitana, á vez que valoraba o esforzo "dun pobo que malia ser historicamente marxinado agora está integrándose na sociedade, e co despregue da bandeira queremos recoñecer o Día Internacional do Pobo Xitano e dicir que estamos aquí para apoiar en todos os sentidos".
Neste acto, estiveron presentes varios membros da comunidade xitana que queren visibilizar este esforzo para atopar o seu lugar nun mercado laboral que non sempre é favorable. Para logralo, están a formarse dun xeito profesional. Así o reivindicaba Rebeca Flórez, dende o seu labor como mediadora intercultural da Fundación Secretariado Gitano: "Vengo con participantes que han hecho varios programas como Acceder que ahora trabajan, por ejemplo, de dependientas; tenemos aquí a Lucía que ahora está haciendo Bachiller y a Ismael y Samuel que están haciendo con nosotros formación para poder adquirir un trabajo. Están en diferentes programas para integrarse pero ahora lo que necesitamos es una oportunidad".
Neste 2021 o Día Internacional do Pobo Xitano está adicado ás persoas anciás a través do lema "A nosa esencia. Este ano, máis ca nunca, polos nosos maiores", por seren as máis afectadas pola pandemia e en recoñecemento ao papel fundamental que ocupan na comunidade xitana.
Relacionadas:
-
Día Internacional do Pobo Xitano: "non somos extraterrestres. Queremos igualdade de oportunidades"
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
A bandeira do pobo xitano pendura do balcón do Concello
Por Oskar Viéitez |
-
A bandeira xitana ondea por primeira vez en Pontevedra: "Es un día histórico para nosotros"
Por Alejandro Espiño |
-
En Galicia publícanse o dobre de noticias negativas relacionadas cos xitanos que no resto de España
Por Redacción |
-
41 persoas da comunidade xitana atoparon traballo en 2014 grazas aos cursos da Casa Azul
Por Redacción |