Detido un terceiro implicado no secuestro dun veciño de Caldas de Reis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Efectivos da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, detiveron este martes 17 a M.M.G., de 39 anos de idade e veciño de Pontevedra, pola súa presunta implicación no secuestro dun veciño de Caldas de Reis.
O pasado día 5 deste mes informábase da detención de dous cidadáns marroquís, veciños da localidade de Arcade (Soutomaior), como supostos autores da detención ilegal dun veciño de Caldas de Reis, que tivo que ser ingresado nun centro hospitalario para ser atendido das lesións que lle ocasionaran.
No marco da mesma investigación se acaba de deter este pontevedrés, que xa foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número dous dos de Caldas de Reis que xa decretara no seu día o ingreso preventivo en prisión dos outros dous detidos.
Relacionadas:
-
Condenas de catro anos e medio de prisión para tres acusados polo secuestro exprés dun veciño de Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Piden 13 anos de prisión para tres acusados de dar unha malleira e secuestrar un veciño de Caldas
Por Natalia Puga |
-
Deteñen dous irmáns de orixe marroquí por reter á forza e dar unha malleira a un caldense
Por Natalia Puga |
-
Investigan o secuestro e a malleira a un veciño de Caldas e se puido ser un axuste de contas
Por Redacción |