O paro sobe en 2.494 persoas na provincia en novembro e é un 9,6% superior a hai un ano
Por Redacción
O paro aumentou na provincia de Pontevedra, como no resto de España, no mes de novembro. En concreto, hai 2.494 demandantes de emprego máis con respecto a outubro.
Segundo os datos facilitados polos Ministerios de Traballo e de Inclusión e Seguridade Social, o número de parados incrementouse en Pontevedra en relación a outubro un 3,61 por cento.
O total de desempregados na provincia sitúase en 71.559, un total de 6.285 máis que hai un ano. Fronte a novembro de 2019, o desemprego subiu un 9,63 por cento.
O total de Galicia sumou 6.165 parados máis en novembro respecto ao mes anterior, un 3,40% de incremento, mentres que a nivel estatal a subida foi do 0,66% de repunte nacional.
Tras este incremento, en Galicia hai 187.472 desempregados, 21.813 máis que hai un ano, un crecemento do 13,17%.
Relacionadas:
-
Pontevedra abre 2021 con 6.022 desempregados, 198 menos que en decembro
Por Alejandro Espiño |
-
A provincia de Pontevedra pecha o nefasto 2020 con 73.130 persoas desempregadas
Por Redacción |
-
O mal dato do paro en outubro provoca que Pontevedra supere de novo os 6.000 desempregados
Por Alejandro Espiño |