"Hoy vamos a morir los dos", asegura que lle dixo o seu esposo antes de provocar un grave accidente de tráfico
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra iniciou este xoves o xuízo contra A. M. R., un home que está acusado de condución temeraria e de dous delitos homicidio en grao de tentativa, o da súa esposa, que viaxaba con el, e o do ocupante do vehículo contra o que supostamente encaixou intencionadamente a súa furgoneta.
A Fiscalía pide catorce anos de prisión para este home que hoxe rexeitou que embistiese á mantenta o seu coche contra outro vehículo no corredor do Morrazo o 14 xuño de 2018. "Soy una persona tranquila, no soy violento para nada", explicou ao tribunal.
"Soy autónomo y no me iban bien las cosas, probablemente ahí surgiesen los problemas", comentou o acusado respecto á situación que vivía este matrimonio uruguaio que estaba en trámites de divorcio despois de 20 anos de casados. Xa non vivían xuntos e o día do accidente el viuna saír da Cruz Vermella onde ela acudira a pedir axuda. Recolleuna no coche para charlar tomando un café e foi entón cando, segundo el "se inició una acalorada discusión".
El esixíalle explicacións sobre unhas supostas infidelidades "solo quería saber la verdad, no esta obsesionado" e, segundo a versión do home, entón ela púxose a manipular o teléfono móbil sen facerlle caso. El tentou quitarllo "y ella me mordió en la mano con fuerza" entón deixou de prestar atención á estrada e cando se deu conta "di un volantazo colisionando contra otro coche".
Protexida detrás dun biombo declarou a súa muller que insistiu en que o seu marido tentou matala e alertou ao tribunal de que "si puede volverá a hacerlo".
Sobre o día do accidente, a súa versión dos feitos difire a partir do momento no que se subiu ao coche, así explicou que cando o seu exmarido preguntoulle se algunha vez ela éralle infiel "yo le contesté que si de lo que íbamos a hablar era de esto, que mejor me dejase bajarme y que no le iba a responder".
A vítima asegura que foi entón cando o acusado empezou a acelerar e díxolle que "hoy vamos a morir los dos" e que se puxo a buscar un camiónque tuviera container para chocar de frente contra él o por detrás". Foi entón cando, segundo relatou, colleu o seu teléfono para tentar chamar ao 112 e pedir auxilio. Nese momento produciuse o forcejeo e ela recoñece que lle mordeu na man e engade que foi entón cando o home dixo "adiós" e embistió contra outro coche que circulaba diante.
A muller declarou que despois do golpe o seu marido saíu do coche e ao ver que a pesar do aparatoso do accidente ambos saíron ilesos dixo: "me salió mal la jugada" e entón ela púxose a gritar "por favor, llamen a la Policía que me quiere matar". E o home cruzou a estrada, saltou a mediana e tratou de suicidarse tirándose contra un coche que viña de fronte.
Na xornada deste xoves tamén declarou a filla desta parella que expresou apoio total ao seu pai.
Tanto o acusado como a súa muller aseguraron ser vítimas de agresións e vexacións por parte do outro. O vindeiro xoves día 12 de novembro retomarase o xuízo deste caso que procede do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo.
Relacionadas:
-
Confirman os doce anos de cárcere para o home que intentou matar a súa muller estrelando o seu coche
Por Redacción |
-
Doce anos e nove meses de cárcere por tentar asasinar á súa muller encaixando o seu coche en Rande
Por Natalia Puga |
-
A xuízo por tentar matar á súa muller nun accidente de coche en pleno proceso de divorcio
Por Redacción |