A xuízo por tentar matar á súa muller nun accidente de coche en pleno proceso de divorcio
Por Redacción
A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra xulgará o vindeiro xoves 5 de novembro un home que en xuño de 2018 presuntamente tentou matar á súa muller, da que estaba en trámites de divorcio, encaixando contra outro vehículo o coche no que ambos viaxaban
A Fiscalía pide que o home sexa condenado a 14 anos de prisión por dous delitos de homicidio en grao de tentativa -oito anos pola súa muller e outros seis polo condutor do coche contra o que chocou-, e a indemnizar con 6.777 euros á súa esposa e con 7.344 euros ao outro condutor.
Ademais, reclama que se faga cargo do custo dos danos nos coches implicados e que se lle impoña unha orde de afastamento de 500 metros, controlada mediante dispositivo electrónico, durante os nove anos posteriores á súa saída do cárcere.
Segundo recolle o fiscal no seu escrito de acusación, o home non aceptara de bo grado a decisión da súa esposa de divorciarse e a pesar de non convivir tentaba manter o contacto con ela, acudindo ao seu domicilio ou falando por teléfono, reprochándolle sempre que o enganase con outro.
Un día esperouna e abordouna na rúa en Vigo convidándoa a tomar un café para falar da súa filla. A muller accedeu e subiuse ao coche. El insistiulle que lle confesase se lle era infiel e, ante a negativa dela a contestar, accedeu á AP-9 e ameazouna con que ía encaixar o coche contra un camión para morrer os dous.
O acusado forcexeou coa súa vítima para quitarlle o teléfono co que quería alertar ás autoridades, acelerou de maneira considerable e, despois de levar por diante pivotes das obras de ampliación de Rande, chocou contra o coche que os precedía.
Segundo a versión da Fiscalía, antes de impactar con outro coche, díxolle "ponte el cinturón que nos vamos a matar" e "adiós". Ese coche, tras varias voltas de campá, acabou contra un muro da autoestrada.
O acusado, tras o accidente, díxolle á muller que "esta vez me ha salido mal". Ela alertou de que o seu marido queríalle matar, provocou que o seu marido cruzase a mediana e botásese á mantenta sobre un coche que circulaba en sentido contrario