A residencia DomusVi de Ribadumia suma xa 32 contaxios de covid-19: oito traballadores e 24 usuarios
Por Redacción
O balance diario realizado pola Xunta de Galicia sobre a incidencia da covid-19 nos centros residenciais inclúe este sábado novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En concreto, un traballador da residencia de maiores Ballesol de Poio e 4 usuarios e 3 traballadores da residencia de maiores DomusVi de Ribadumia.
Este centro foi intervido pola Xunta de Galicia esta semana e pasou a ter xestión pública. Xa antes de detectarse estes casos, a situación era delicada na residencia, que na actualidade xa suma oito positivos entre os traballadores e 24 entre os usuarios. En total, este centro acumula, polo tanto, 32 contaxios.
Diferente é o caso da residencia Ballesol de Poio, na que non había ata o venres ningún caso activo e que este sábado suma este traballador afectado.
A maiores, hai activos seis casos de usuarios e cinco de traballadores da residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados, dous traballadores en Nuestra Señora de Los Dolores de Forcarei, un traballador na residencia Saraiva Sénior de Pontevedra, outro traballador na Residencia Soremay de Pontevedra e un empregado da residencia Divina Pastora de Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Quince novos contaxios agravan a situación das residencias de Cambados e Ribadumia
Por Redacción |
-
Detectan outros 34 maiores contaxiados de covid-19 na residencia DomusVi de Ribadumia, que suma xa 66 casos
Por Natalia Puga |
-
A residencia de maiores de Ribadumia, intervida tras 25 contaxios da covid-19
Por Redacción |
-
Seis novos positivos en residencias da área sanitaria, en Ribadumia, Cambados e Pontevedra
Por Natalia Puga |