A residencia de maiores de Ribadumia, intervida tras 25 contaxios da covid-19
Por Redacción
A Xunta de Galicia interveu a residencia que a compañía DomusVi ten no municipio pontevedrés de Ribadumia, na que a día de hoxe hai rexistrados 25 casos positivos por covid-19. O goberno galego confirma que hai 20 usuarios contaxiados e cinco traballadores.
Tras avaliar a situación da residencia, as consellerías de Sanidade e Política Social adoptaron a medida de intervir a residencia para garantir a calidade asistencial e a "correcta protección" da saúde dos maiores ingresados nela e do seu persoal.
Un equipo de profesionais do Servizo Galego de Saúde xa se desprazaron ao centro e encárganse de facer un seguimento médico "permanente", segundo a Xunta de Galicia, sobre a situación dos residentes e de que haxa unha "adecuada" atención sanitaria.
Ademais, este equipo encárgase tamén de supervisar a aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene aprobadas polas autoridades sanitarias.
Relacionadas:
-
Detectan outros 34 maiores contaxiados de covid-19 na residencia DomusVi de Ribadumia, que suma xa 66 casos
Por Natalia Puga |
-
A residencia DomusVi de Ribadumia suma xa 32 contaxios de covid-19: oito traballadores e 24 usuarios
Por Redacción |
-
Aumenta a alerta polo aumento dos contaxios en Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Bueu e O Grove
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 87 anos ingresado no CHOP, vítima 29 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Seis novos positivos en residencias da área sanitaria, en Ribadumia, Cambados e Pontevedra
Por Natalia Puga |