Poio instalará unha carpa no exterior de Anafáns para a campaña de vacinación da gripe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a2e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f8089dd00-visita-marga-anafans.jpg)
© Concello de Poio
A campaña de vacinación contra a gripe comezará en Poio o 13 de outubro e o Concello habilitará nas inmediacións do centro de saúde de Anafáns unha cuberta para desenvolver esta campaña. A infraestrutura permanecerá operativa desde o venres 16 e seguirá así durante as primeiras semanas da campaña.
Esta actuación está impulsada pola Comisión de Emerxencia Covid-19 e a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explica que "é unha medida que tomamos por petición do propio centro, dado que no exterior non hai onde salvagardarse das inclemencias meteorolóxicas e non podemos aglutinar xente dentro das instalacións".
Neste sentido, Caldas fai fincapé na importancia de recibir este tratamento no contexto actual. Ademais o Concello estuda fórmulas para facilitar o desprazamento ao centro de saúde para aquelas persoas máis vulnerables que carezan de medios para poder completar o desprazamento.
Relacionadas:
-
Unha carpa anti covid-19 para evitar as aglomeracións durante a campaña antigripal no centro de saúde de Anafáns
Por Redacción |
-
O martes arranca en Pontevedra a campaña de vacinación fronte á gripe
Por Redacción |
-
O Concello de Poio asume a reparación de deficiencias en Anafáns pola inacción de Sanidade
Por Redacción |
-
O Concello reclama de novo medidas urxentes na dotación de recursos sanitarios para Poio
Por Redacción |
-
Sanidade responde ao alcalde de Poio ante a polémica polos cambios de consultorio
Por Redacción |