O Concello de Poio asume a reparación de deficiencias en Anafáns pola inacción de Sanidade
Por Redacción
O Concello de Poio asume a realización dunha serie de obras de mellora no centro de saúde Anafáns consistentes no arranxo da cuberta, a instalación de tarima flotante na sala das matronas e un novo chan para a sala de médicos.
A concelleira de Obras, Chelo Besada, sostén que o Concello vese obrigado a realizar estas obras, que son competencia de Sanidade, despois das demandas dos pacientes e os profesionais. "Os traballos de mantemento corresponden ao Concello, pero esta actuación excede as nosas competencias", remarcan desde o goberno local, que lamenta o "abandono e falta de interese" por parte da Xunta.
Estas deficiencias que están a ser emendadas polos operarios municipais súmanse ao problema crónico das esperas que se producen neste centro de saúde, que poden chegar a prolongarse durante máis dunha semana. "A veciñanza está a pagar o desinterese do Goberno en dotar a Poio do servizo sanitario que merece", denuncian.
Relacionadas:
-
A situación sanitaria de Poio volve ser escenario para a confrontación política
Por Oskar Viéitez |
-
Poio instalará unha carpa no exterior de Anafáns para a campaña de vacinación da gripe
Por Redacción |
-
Poio terá unha Mesa de Defensa dos Dereitos Sanitarios do concello
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio asume a desinfección dos centros de saúde do municipio
Por Redacción |
-
Fontenla entra na campaña do PP de Poio como "zona abandonada"
Por Redacción |
-
O Concello reclama de novo medidas urxentes na dotación de recursos sanitarios para Poio
Por Redacción |
-
Sanidade responde ao alcalde de Poio ante a polémica polos cambios de consultorio
Por Redacción |