Os expertos alertan das "cicatrices permanentes" que a covid-19 creará en Europa

Por Redacción

© Foro La Toja

© Foro La Toja

© Foro La Toja

© Foro La Toja
O Foro La Toja, alleo ás polémicas, continuou coa súa análise sobre os efectos que a covid-19 tivo, entre outros ámbitos, na economía. Numerosos expertos analizaron nesta segunda xornada como superar a crise económica e social que creou a pandemia.
Así, o vicepresidente do Banco Central Europeo, o español Luís de Guindos, alertou das "cicatrices permanentes" que a covid-19 pode crear en Europa, algunhas delas "inevitables" como máis débeda pública, a caída do PIB ou un maior endebedamento das empresas.
"A corto plazo no hay alternativa. Hay que gastar, pero hay que gastar bien", afirmou o ex ministro de Economía no goberno de Mariano Rajoy, a través de videoconferencia.
Para iso, engadiu, será "fundamental" o fondo europeo de recuperación para que este proceso de reconstrución europea non se faga "a diferentes velocidades".
Segundo De Guindos, todos os indicadores económicos "se irán recuperando en 2021" e situaranse en rexistros positivos en 2022 grazas á "respuesta de política económica sin precedentes" que houbo na Unión Europa "con intensidad y rapidez".
"La recuperación económica ya se iniciado, pero es incierta, desigual e incompleta", engadiu o dirixente español, xa que ao seu xuízo depende da evolución da pandemia e do desenvolvemento das vacinas, entre outras cuestións.
Ademais, De Guindos está convencido de que nesta segunda onda "no habrá un confinamiento total", algo para o que as economías europea e mundial "no estaban preparadas", e en caso de reeditarse a situación o resultado, segundo concluíu, "sería catastrófico".
RAJOY RECLAMA CONSENSOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS
Pola súa banda, o ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy, reclamou que haxa consenso entre as diferentes administracións ante a pandemia, algo do que responsabilizou en última instancia "a quen ocupa o posto máis alto": Pedro Sánchez.
Rajoy defendeu que nunha situación de "extrema dificultad" como a actual, hai que poñerse de acordo "pase lo que pase". Que as administracións manden á cidadanía mensaxes contraditorios é "absolutamente lamentable", dixo.
Ademais de que non haxa este consenso, o ex presidente apuntou que "hubo unha mala valoración del riesgo" ao principio da crise e, a pesar do que ocorría en China e Italia, en España "se daban mensajes de excesiva tranquilidad".
Á xente, engadiu, "hay que decirle: mire, esto no nos gusta hacerlo a nadie, pero toca hacerlo. Tenemos que tomar estas medidas, que sabemos que son molestas, pero la gente lo entiende, aunque no le gusta y te critique".
A este respecto, Mariano Rajoy mostrouse de acordo en que agora si é momento de aumentar o gasto público, despois de que na anterior crise de 2008 a necesidade fose rebaixar o déficit e facer reformas.
FELIPE GONZÁLEZ DEFENDE A FIGURA DO REI
Outro ex presidente do Goberno, o socialista Felipe González, foi un dos protagonistas da xornada vespertina deste foro, onde defendeu a figura do actual rei Felipe VI.
Asegurou que "no hay nada que reprochar" ao monarca, porque foi "impecable, completamente neutral, respetando los poderes del Estado y de una prudencia exquisita".
Ademais, coincidindo con Rajoy, González reclamou que o acordo entre administracións para facer fronte á pandemia "no es un capricho, sino una absoluta necesidad", ao ser "la única manera de proveer certidumbre frente a la incertidumbre".
"Si cada uno de nosotros defiende a los nuestros, ¿quién defiende a todos? Hay que romper esa barrera", sostivo.
Para o ex presidente, hai "un problema de gobernanza serio" e de coordinación no país, ao confundirse "descentralización con centrifugación del poder", o que deriva en "comportamientos de reinos de taifas" por parte dalgunhas autonomías.
Á vista da evolución da pandemia, Felipe González opinou que a desescalada "no se hizo bien" e xerou "un estado de confusión tremendo".
Relacionadas:
-
O Foro La Toja arranca no Grove apelando a defender a democracia das súas "ameazas"
Por Alejandro Espiño |
-
"A reconstrución poscovid é unha oportunidade clara para que Galicia impulse as renovables"
Por Alejandro Espiño |
-
Pedro Sánchez en A Toxa: "el virus es un enemigo que tiene muchas caras y una de ellas es la antipolítica"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva trasladará a súa queixa pola escasa presenza de mulleres no II Foro La Toja
Por Oskar Viéitez |
-
Rebelo de Sousa: "as democracias europeas teñen que renovarse"
Por Oskar Viéitez |