Rebelo de Sousa: "as democracias europeas teñen que renovarse"
Por Oskar Viéitez
O rei Felipe VI e o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, inauguraron este xoves o II Foro La Toja, que durante tres días vai reunir a políticos e empresarios para reflexionar sobre como afrontar a reconstrución diante do impacto da crise sanitaria.
O rei, que estivo acompañado pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, foi recibido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os ex presidentes do Goberno de España, Felipe González e Mariano Rajoy, que expresaron o seu "cariño" ao monarca nun momento no que a Coroa se ha situado no centro do debate político diante das críticas de Unidas Podemos e os partidos independentistas, así como a desautorización do Goberno ao vetar a súa presenza en Cataluña.
No seu discurso Felipe VI transmitiu unha mensaxe de esperanza para saír desta crise cun novo modelo económico que sexa "inclusivo", ao advertir que "no se puede desarrollar una sociedad con valores y cohesión social si falta la equidad".
O rei falou dun "imposible regreso a como estábamos a principios de este año" pero sinalou que se abre "una oportunidad de transformación sobre la base de economías verdes y digitales", declarou.
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa puxo o foco sobre a "obsolescencia dos sistemas políticos", sobre as limitacións financeiras, sobre o "fracaso do multilateralismo imperfecto" e, especialmente, sobre a importancia de que os políticos pensen en "persoas de carne e óso, na súa saúde".
Segundo o xefe de Estado luso "necesitamos máis Europa para o equilibro do mundo, e dar resposta con máis democracia aos populismos, que nacen por culpa dos sistemas políticos e institucións envellecidas que se distanciaron do cidadáns" pero para iso, advertiu de que, "as democracias europeas teñen que renovarse".
Rebelo de Sousa alertou que a pandemia pode durar "seis meses, máis ou menos, ninguén o sabe, pero a crise económica e social durará anos" e os políticos terán que resolver problemas estruturais como a sanidade ou a seguridade social.
Finalmente, no seu discurso, Alberto Núñez Feijóo reivindicou as democracias que, como Galicia, "no sucumban a los cantos de sirena del populismo ni emprendan aventuras que arruinen su convivencia ni duden de las ventajas de vivir en libertad".
Tamén alertou contra as "manzanas de la discordia, que fragmentan a la ciudadanía".
Relacionadas:
-
Pedro Sánchez en A Toxa: "el virus es un enemigo que tiene muchas caras y una de ellas es la antipolítica"
Por Oskar Viéitez |
-
Os expertos alertan das "cicatrices permanentes" que a covid-19 creará en Europa
Por Redacción |
-
Carmela Silva trasladará a súa queixa pola escasa presenza de mulleres no II Foro La Toja
Por Oskar Viéitez |