Pedro Sánchez en A Toxa: "el virus es un enemigo que tiene muchas caras y una de ellas es la antipolítica"

Por Oskar Viéitez

© Deputación de Pontevedra

© Foro La Toja

© Foro La Toja
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez participou este sábado en clausúraa do II Foro A Toja, onde tendeu a súa man para ofrecer "diálogo, unidad y estabilidad" a administracións públicas e partidos fronte a aqueles que promoven a "antipolítica" e que pretenden obter algún rédito de "la división, el enfrentamiento y la polarización".
Sánchez pediu actuar con "la máxima lealtad" e reiterou a súa oferta a todos os partidos para aprobar uns orzamentos xerais para o próximo ano que favorezan a recuperación económica.
"El virus es un enemigo que tiene muchas caras y una de ellas es la antipolítica", advertiu o xefe do Executivo, quen insistiu en que "del marasmo y la desesperanza de la antipolítica, el único beneficiario es la ultraderecha".
Tras destacar que "solo con la unión de todos" a sociedade española poderá avanzar, o dirixente socialista tendeu a man á oposición para aprobar uns orzamentos que "favorezcan" a recuperación económica.
Este diálogo fíxoo extensible ao ámbito empresarial para "actuar unidos" e abordar unha transformación "profunda" do modelo económico español.
A covid-19, segundo Sánchez, foi unha "pésima noticia" para todo o mundo, o que desembocou na "mayor crisis" desde a II Guerra Mundial. A partir de agora, engadiu, "nada será igual" porque "lo que antes de la pandemia era necesario, ahora es impostergable".
URSULA VON DER LEYEN
Sánchez tamén anunciou na Toxa que a conferencia de presidentes á que asistirá a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen será o próximo 26 de outubro.
O vindeiro mércores o Goberno presentará as "líneas mestras" para absorber as axuda do fondo de recuperación europeo, máis de 140.000 millóns de euros que chegarán ao longo do próximos seis anos. Segundo explicou, estes estruturaranse ao redor de tres eixos: a transición dixital, a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial.
Entre os obxectivos do Goberno, adiantou o presidente, está a aprobación dun real decreto lei para "eliminar las principales barreras, los cuellos de botella legales y operativos de la administración".
FEIJOO, GARCIA-PAGE, MORENO
Neste mesmo foro da Toxa, os presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, da Junta de Andalucía, Juanma Moreno e da Xunta de Castela-A Mancha, Emiliano García- Page, defenderon a España das autonomías.
O titular do Goberno andaluz cre que "en todo hay margen de mejora" e dixo que "después de 40 años de autonomías se han visto ciertas deficiencias en cooperación y coordinación" polo que reclamou "un marco competencial claro y estable" e sinalou que o Senado ou se "reforma" ou se "cierra" xa que entende que "tiene sentido no como una cámara de segunda lectura, sino como una verdadera cámara de representación territorial".
Neste sentido coincidiu co presidente de Castela-A Mancha que lamentou que o Senado "no cumple la función" constitucional. Ademais advertiu que a "falta de cohesión" no Estado autonómico tradúcese en "extremismos y populismos territoriales".
Finalmente, o presidente galego, afirmou que "funcionan mejor" as comunidades que o Goberno central, pois "no hay ningún lío en un Parlamento autonómico como en el Congreso de los diputados". Tamén dixo que en España hai "un problema de gobernanza" máis que "de modelo".