O positivo dunha educadora na Escola Infantil Casa do Mar de Marín pon en corentena varios menores
Por Oskar Viéitez
O positivo en coronavirus dunha educadora na Escola Infantil Casa do Mar de Marín activou o protocolo Covid-19 no centro, co consecuente illamento preventivo dos nenos do "grupo burbulla" que mantiveran contacto con ela na aula.
A profesora só acudiu ao centro o venres día 4, co inicio do curso, e só naquela ocasión estivo en contacto cos nenos xa foi durante esa fin de semana comezou a sentir síntomas propios de coronavirus e acudiu a facerse a proba, que deu positivo, e da que informou puntualmente os responsables da Escola Infantil.
SANXENXO
O caso de Marín súmase aos de dúas pequenas de dous colexios de Sanxenxo, o Magaláns de Dorrón e O Cruceiro de Vilalonga. Neste sentido, desde o Concello de Sanxenxo informaron que a irmá pequena da alumna con Covid do colexio de Dorrón e unha das profesoras do centro, que estivo en contacto con ela, deron negativo nas probas PCR que lle practicaron.
O servizo de limpeza municipal realizou este xoves unha limpeza e desinfección das dúas aulas dos colexios de Dorrón e de Vilalonga, onde se rexistraron os positivos, con nebulizador bactericida.
Relacionadas:
-
Ata 16 centros educativos na área sanitaria rexistraron polo momento algún caso de COVID
Por Diego Espiño |
-
Marín reduce a participación de vendedores no mercado ambulante e Poio atrasa as sesións dun circo ante as medidas restritivas
Por Anxo Lourido |
-
Falece un home de 56 anos por Covid en Pontevedra e continúa a escalada de casos: 585 activos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un positivo no colexio San Francisco de Vilagarcía confina a toda unha clase de Infantil e á profesora
Por Redacción |
-
Protocolo sanitario no Colexio O Cruceiro de Vilalonga polo positivo dunha alumna de catro anos
Por Redacción |
-
O positivo dunha nena de Sanxenxo activa os protocolos sanitarios nun colexio e unha escola infantil
Por Oskar Viéitez |