Falece un home de 56 anos por Covid en Pontevedra e continúa a escalada de casos: 585 activos na área sanitaria
Por Redacción
Nas últimas 24 horas falecía unha nova persoa no Hospital Montecelo como consecuencia da enfermidade da Covid-19. Esta persoa de 56 anos, segundo os datos ofrecidos pola xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), atopábase ingresada e sufría patoloxías previas. Con esta perda, a cifra de persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra ascende a 19.
A cifra de novos positivos ascende a 29 e o número de casos activos sitúase en 585 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Destas persoas afectadas pola pandemia, 15 atópanse ingresadas en planta no Hospital Montecelo e outra se atopa no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. A estes pacientes hai que sumar aos tres que se atopan ingresados na unidade de Coidados Críticos de Montecelo. Outros 556 enfermos atópanse no seu domicilio comprobando a evolución da enfermidade.
En canto á realización de PCRs realizáronse 352 probas nas últimas 24 horas. En total, desde o inicio da pandemia, a cifra de probas atópase en 34.513 na área sanitaria.
GALICIA
Os datos en Galicia recollen tres falecementos máis nas últimas horas, que se suman ao rexistrado no Hospital Montecelo. Trátase dunha muller de 56 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; outra muller de 77 anos que se atopaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo, procedente da residencia de Outeiro de Rei, onde tamén falecía outra persoa na tarde deste mércores.
Con estas cifras, Galicia supera xa o limiar dos 700 falecementos situándose en 701 desde o inicio da pandemia. O número de casos activos por coronavirus na comunidade é de 4.306 persoas, das que 1.236 pertenencen á área da Coruña, 772 a Lugo, 635 a Santiago, 503 a Ourense, 394 a Vigo e 182 a Ferrol, ademais dos casos rexistrados en Pontevedra-O Salnés.
O número de persoas ingresadas na UCI é de 28 en toda Galicia, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade; 201 pacientes atópanse en unidades de hospitalización mentres que 4.077 enfermos mantéñense nos seus domicilios.
Relacionadas:
-
Falece unha muller de 73 anos que estaba ingresada por covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Os casos activos de COVID soben a 658 tras rexistrarse 26 novos positivos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Sanidade inicia en Pontevedra o cribado preventivo con PCR a profesionais de restauración e hostalería
Por Redacción |
-
Outra xornada preocupante na área sanitaria, con 51 novos positivos de COVID e 651 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os hospitalizados por COVID-19 na área sanitaria ascenden a 22, cinco deles na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas clases do colexio de Barcelos, en corentena por coronavirus
Por Redacción |
-
Marín reduce a participación de vendedores no mercado ambulante e Poio atrasa as sesións dun circo ante as medidas restritivas
Por Anxo Lourido |
-
Un positivo no colexio San Francisco de Vilagarcía confina a toda unha clase de Infantil e á profesora
Por Redacción |
-
Lores, "preocupado" ante a pandemia: "A impresión que teño é que non se están a facer os protocolos como din"
Por Alejandro Espiño |
-
O positivo dunha educadora na Escola Infantil Casa do Mar de Marín pon en corentena varios menores
Por Oskar Viéitez |