Convocan unha concentración en Meis para reclamar máis facultativos para o municipio
Por Redacción
O BNG de Meis convocou unha concentración este venres 18 ás 20.00 horas diante o Centro de Saúde de Paradela para reclamar servizos sanitarios de calidade. Desde a formación nacionalista sinalan que esta protesta débese a que a Xunta de Galicia continúa aplicando recortes en materia sanitaria.
Alertan de que non se cubriron as vacacións do médico de San Martiño e pechouse o centro médico de Paradela no municipio. Con estas medidas, apuntan que só hai un médico, a media xornada, para todo o Concello.
A esta situación suman que tampouco se ofrece servizo de pediatría e que a ambulancia medicalizada atópase a disposisción do "turismo en Sanxenxo". Por este motivo, reclaman á Xunta de Galicia a reposición de todos os servizos de atención sanitaria en Meis.