![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a14/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5eec5012c7-img-20200618-wa0003.jpg)
© AEMPE
50 profesionais participan no programa 'Reinventa a túa empresa en tempos do COVID', de AEMPE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, foi o encargado de clausurar o programa de formación organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (AEMPE) de Pontevedra baixo o título 'Reinventa a túa empresa en tempos do COVID'.
O acto de clausura, que se desenvolvía durante este xoves 18, contou coa participación de José María Corujo, presidente de AEMPE; Pablo Junceda (director xeral de SabadellGallego; e Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School.
A última sesión centrábase na transformación dixital das empresas e todos os participantes coincidían en destacar a importancia de que se produza unha colaboración entre o sector privado e a administración pública para saír desta situación actual de crise.
José María Corujo afirmaba que, neste momento, é fundamental o asociacionismo empresarial para que os profesionais das empresas aborden os novos retos que se abren no mercado.
Pola súa banda, Francisco Conde insistiu en que desde a Xunta manterase unha liña de esforzo para acompañar e facilitar o incremento da actividade económica do tecido empresarial ante un período en que "a reinvención de cada un de nós e das nosas empresas é unha necesidade e que ese proceso require do traballo en equipo de Administración, empresas, entidades financeiras e institucións formativas".
Este programa desenvolveuse ao longo de oito xornadas durante os meses de maio e xuño coa participación de 50 profesionais que interactuaban en directo a través dun sistema telemático con expertos en xestión para establecer as bases dun plan anticrise para reformular a actividade empresarial.