O Grove entrega 250 máscaras protectoras á xente moza do municipio
Por Redacción
Baixo o lema "Faino por ti, faino por eles (polos teus amigos, amigas e o teu contorno. Usa máscara!", o Concello do Grove remataba con éxito a campaña para repartir máscaras protectoras entre os mozos do municipio.
Este traballo levouse a cabo a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coas Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) dos colexios do municipio durante a pasada semana.
O balance é positivo xa que se logrou unha repartición de 250 máscaras entre a poboación infantil e xuvenil da localidade.
A distribución foi realizada o mércores e o xoves na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente do Mar e na Casa do Concello, respectivamente.
Ademais das máscaras, os mozos recibiron unha nota onde se tentaba concienciar sobre os perigos que ocasiona o feito de non usalas.
As mensaxes que se adxuntaban nestas notas informativas alertaban de que unha porcentaxe do 80% de xente nova infectada polo coronavirus non presenta síntomas, pero si capacidade de contaxio; o feito de que aproximadamente o 15% das persoas de entre 40 e 60 anos que se contaxian ten que ser ingresada con síntomas graves; e o dato de que o 2% dos enfermos que ingresan de gravidade acaba morrendo por coronavirus.