O voluntariado de Marín creou máis de 26.000 máscaras para loitar contra o coronavirus
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Marín puxo fin esta fin de semana á iniciativa solidaria de confección de máscaras para combater o coronavirus.
Durante os meses que durou o estado de alarma, un total de 150 voluntarios e voluntarias confeccionaron un total de máis de 26.000 unidades que repartiron entre as farmacias e entre os comerciantes e hostaleiros da vila a medida que ían retomando a súa actividade.
Todas elas entregáronse desinfectadas e empaquetadas cumprindo con todas as medidas de hixiene e sanitarias.
Para clausurar este fío de solidariedade, altruísmo e xenerosidade, o Concello colgou un vídeo a través das redes sociais para "agradecer profundamente a colaboración do voluntariado que fortaleceu ao municipio como un pobo solidario e comprometido".