Cuarto día consecutivo sen pacientes hospitalizados por coronavirus na área sanitaria, con 51 casos activos
Por Diego Espiño
A cifra de casos activos de coronavirus na área sanitaria segue coa tendencia á baixa dos últimos días, e é que segundo os datos oficiais ofrecidos este mércores 20 de maio pola Consellería de Sanidade son 51 os casos que permanecen activos en Pontevedra e O Salnés, 5 menos que o martes.
Isto é así polo número de novos pacientes curados, 8 na última xornada para un total de 802 desde o inicio da pandemia, e porque só se rexistraron 3 novos positivos.
Ademais a área sanitaria encadea o cuarto día sen rexistrar hospitalizados cun positivo activo de Covid-19, nin en planta nin na Unidade de Coidados Intensivos, onde son xa 16 as xornadas sen afectados nas súas instacións, xa que os 51 casos activos evolucionan nos seus respectivos domicilios. Tamén se mantén estable en 16 a cifra de falecementos asociados ao coronavirus.
A nivel autonómico, segundo o último balance da Dirección Xeral de Saúde Pública, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.063, polos 1.136 do martes. Deles 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 128.856 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,5% do total das persoas residentes. En toda Galicia contabilízanse 125 usuarios e 100 profesionais contaxiados en centros residenciais e producíronse 132 falecementos en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
As directoras das residencias de maiores de Pontevedra permitirán as visitas de maneira progresiva a finais de maio
Por Anxo Lourido |
-
Montecelo rexistra un ingreso hospitalario por coronavirus, con 50 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Só o 1,35% da poboación da área sanitaria éstá inmunizada fronte o coronavirus, segundo o estudo do Sergas
Por Redacción |
-
Balance do coronavirus na área sanitaria: oito pacientes curados e un positivo menos
Por Natalia Puga |
-
Segundo día sen hospitalizados por coronavirus na área sanitaria, que ten 57 casos activos
Por Natalia Puga |
-
Sen hospitalizados por Covid-19 en toda a área sanitaria e con só 62 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria baixa do centenar de casos activos por coronavirus por primeira vez desde o 20 de marzo
Por Diego Espiño |