Personalizar a oferta, proposta de Reinicia Pontevedra para relanzar empresas
Por Redacción
O terceiro Encontro Dixital do ciclo Reinicia Pontevedra desenvolvíase este luns cunha nova cita dixital de temática transversal e multisectorial. Nesta ocasión, o coloquio centrábase no novo servizo ao cliente cunha análise sobre a personalización e a loxística.
Estes encontros, organizados pola Secretaría Técnica de APE Galicia, contan coa colaboración do Concello de Pontevedra a través da concellería de Promoción Económica, que dirixe Yoya Blanco. No encontro telemático deste luns, Virginia Pozo, directora creativa da marca de moda Coosy; Silvia Crespo, directora creativa de Bien Bonito; Alberto Falcón, consultor de Marketin en Be Differential e Miguel Ángel Souto Fraga, coordinador do ciclo e director de Cimak Consultores analizaron a situación que se abre empresarialmente a partir do novo panorama xerado polo Covid-19.
Estudáronse as tendencias da omnicanalidade, a atención dixital aberta durante as 24 horas, a transparencia de procesos, a personalización da oferta e o servizo a domicilio con facilidades para a devolución do produto e de pago.
O vindeiro xoves 21 de maio abordarase o tema de como vender tras o impacto do coronavirus: técnicas de venda e mellora dos equipos comerciais. Os negocios participantes tamén poden solicitar asesoramento personalizado gratuíto, dispoñible para 25 empresas.
As inscripcións para estas sesións son gratuítas e poden realizarse a través da web de APE Galicia e no teléfono 697.195.540.
Relacionadas:
-
A empresa Bien Bonito despídese de Poio cunha doazón ao Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Pemes e autónomos locais coinciden en que as redes sociais son unha "oportunidade todavía por explotar"
Por Redacción |
-
Encontro dixital dos autónomos para definir a volta á actividade
Por Redacción |
-
Pancarta para reiniciar Pontevedra da man de #PonteLovers
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O plan Reinicia Pontevedra para pemes e autónomos iníciase o día 11 cun encontro dixital multisectorial
Por Redacción |
-
'Reinicia o teu negocio', o plan de #PonteLovers e a Asociación de Autónomos para asesorar ao comercio local
Por Redacción |