A empresa Bien Bonito despídese de Poio cunha doazón ao Concello
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Poio, Rosa Fernández, expresou o seu agradecemento pola doazón de material de confección e costura efectuada por Silvia Crespo, responsable da firma Bien Bonito, adicada ao deseño e fabircación de uniformes personalizados para todo tipo de empresas.
Dito material será utilizado no desenvolvemento dos obradoiros textís e de manualidades que Benestar Social e Mocidade desenvolve ao longo do ano.
Logo de 20 anos traballando en Poio a empresa Bien Bonito cambia de sede e segundo sinalou Silvia Crespo "no podríamos irnos de Poio sin dejar una pequeña huella en este Concello".
A responsable desta firma asegurou que están "muy agradecidos del apoyo y cariño recibido en estos 20 años y especialmente en esta dura etapa de la covid19". Silvia lembrou que "el Concello de Poio ha sido el primero en confiar en nosotros para la elaboración de mascarillas junto a la mayoría de empresas de este concello y de muchos... muchos de sus vecinos" polo que a todos eles dalles as "gracias de corazón".
Pola súa banda, Rosa Fernández lembra que esta firma destacou pola súa implicación durante o confinamento, a través de actuacións como a elaboración de máscaras de protección.