Lores segue promocionando o modelo de cidade de Pontevedra no exterior e vía telemática
Por Redacción
O colectivo cidadán francés La Meute d'amour ofrece este sábado 9 de maio un evento internacional coincidindo co Día Mundial da Aves Migratorias. Dadas as restricións de mobilidade ás que obriga a pandemia motivada pola COVID19, os participantes na iniciativa intervirán desde os seus respectivos lugares de residencia a través de videoconferencia.
A convocatoria denominada 'Notre terre, on l’aime! Le festival qui pense demain' (Nosa terra, amámola! O festival que pensa mañá) pretender facer repensar o mundo neste contexto de confinamentos e contencións das persoas, para crear un planeta máis respectuoso co medio ambiente, máis xusto e unido.
Desenvolveranse mesas redondas e intervencións virtuais con medio centenar de participantes do ámbito científico, artístico, univesitario e político. Entre estes últimos está o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores quen intervirá ás 17.10 horas xunto á especialista en estratexia urbana Alice Cabaret, o arquitecto Philippe Madec e o profesor da Universidade da Sorbona, Carlos Moreno, quen ademais tivo ocasión de coñecer Pontevedra persoalmente nunha visita institucional en outubro de 2018.
O tema que abordará a mesa redonda en que participa Fernández Lores é: 'Reducir velocidade, é posible?'. A invitación a este evento responde á proxección que o modelo de cidade desarollado en Pontevedra está a ter internacionalmente nos últimos anos e "que se ve reforzado por mor da crise sanitaria da COVID19, coa procura de referentes en mobilidade sostible, en cidades pensadas para as persoas e que funcionen e estean xa contrastados", sinalan desde o Concello da capital.
As intervencións previstas nesta xornada serán accesibles en directo a través da páxina web www.lameutedamour.org, tamén a través de Zoom e retransmitidas a través de Youtube e Facebook.
Relacionadas:
-
Os nenos explican ao alcalde e ao pedagogo Francesco Tonucci as súas experiencias durante o confinamento
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
París quere "sabelo todo" de Pontevedra: "Se podo irei", asegura a alcaldesa
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Carlos Moreno: "Non creo en modelos de cidade, todo iso son estratexias de márketing"
Por Marisa Ciordia |
-
Carlos Moreno, asesor da alcaldesa de París, afirma que o coche é un símbolo machista do século pasado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
París convida a Pontevedra a un encontro internacional sobre medio ambiente urbano
Por Redacción |