Meaño instala dispensadores de xel desinfectante nos edificios e prazas máis transitadas
Por Redacción
O Concello de Meaño instala dispensadores de xel hidroalcohólico nos lugares públicos máis transitados. Despois de colocalos na praza de abastos a principios do mes de abril, o goberno local decidiu instalar novos chafarices esta fin de semana na contorna da praza pública e do aparcamento de Dena.
Trátase dun dispositivo ideado polo departamento de servizos que conta cun pedal para accionar o chafariz e soltar unha dose de desinfectante.
"Estamos a instalar estes dispensadores de pedal nos distintos lugares públicos do noso concello para que as persoas antes de entrar aos edificios desinfecten as súas mans. Quedarán instalados nos centros de saúde, na entrada da Casa do Concello e tamén nos centros educativos tanto de Dena como de Meaño", indica o alcalde, Carlos Vieitez.
Doutra banda, a partir do luns o persoal de limpeza vai desprazar aos colexios para proceder á desinfección das instalacións prestando especial atención ás superficies de máis contacto.
Relacionadas:
-
Cortan ao tráfico durante a fin de semana unha zona en Dena para favorecer o distanciamento dos peóns
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O "teatro" dun veciño de Meaño cando o sorprenderon facendo exercicio a 8 quilómetros da súa casa
Por Natalia Puga |
-
Unicef recoñece ao colexio de Meaño como referente en educación en dereitos da infancia
Por Redacción |