A área sanitaria inicia a semana con 569 casos activos de coronavirus, un máis que o domingo
Por Diego Espiño
Pouco cambios no inicio dunha nova semana en relación á cifra de afectados e hospitalizados por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Segundo os datos ofrecidos este luns 27 de abril pola Consellería de Sanidade, son 569 os casos de Covid-19 que continúan activos, un máis por tanto que o domingo.
En canto á presión hospitalaria, os centros asistenciais rexistran un paciente menos ingresado nas últimas horas, con 23 persoas hospitalizadas en planta entre Montecelo, O Salnés (2) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1) e 5 máis evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), sen producirse cambios neste apartado. Os demais 541 casos activos permanecen nos seus domicilios.
Desde o inicio da pandemia faleceron na área sanitaria 15 pacientes e prescribíronse 158 altas hospitalarias tras sumar unha máis nas últimas horas.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, dos que 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Por agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 87.824 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 3,5% do total das persoas residentes. En total, contabilízanse 869 positivos en usuarios e 348 en profesionais. Faleceron 126 persoas en residencias e 118 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
As hospitalizacións por coronavirus baixan de golpe ata as 12 na área sanitaria, con só 2 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
Operativa a nova UCI de Montecelo para enfrontar unha hipotética segunda onda de contaxio por coronavirus
Por María José Pita |
-
Tres novas altas e un paciente menos en UCI por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Mesmo número de altas e novos positivos por Covid-19 nas últimas horas, con 568 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os positivos por coronavirus volven crecer na área sanitaria, con 18 casos máis nun día
Por Natalia Puga |
-
Estabilidade nos pacientes hospitalizados mentres os casos activos seguen crecendo ata 550
Por Natalia Puga |
-
Incremento ata os 535 casos activos de coronavirus na área sanitaria, pero con novo descenso nas hospitalizacións
Por Diego Espiño |