Mesmo número de altas e novos positivos por Covid-19 nas últimas horas, con 568 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
Os datos de afectados por coronavirus na área sanitaria volven estabilizarse tras o incremento de positivos dos últimos días.
Segundo as cifras oficiais ofrecidas este domingo 26 de abril pola Consellería de Sanidade, mantéñense activos 568 casos de persoas con Covid-219 en Pontevedra e O Salnés, os mesmos que o sábado.
Isto é así porque o baixo número de novos positivos contrarréstase coas dúas altas hospitalarias prescritas, e que fan un total de 157 persoas recuperadas desde o inicio da pandemia.
En canto ás hospitalizacións baixaron lixeiramente nas últimas horas con 29 pacientes ingresados, dous menos, dos que 24 permanecen en planta entre os hospitais de Montecelo, O Salnés (2) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1). A cifra dos que evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) mantense tamén estable con 5 afectados, mentres que 539 dos casos activos atópanse nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 faleceron na área sanitaria 15 pacientes.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, dos que 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Por agora, en Galicia rexistráronse 1.803 altas de pacientes e 519 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 85.690 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,5% do total das persoas residentes. En total, contabilízanse 870 positivos en usuarios e 344 en profesionais. Faleceron 125 persoas en residencias e 117 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
As hospitalizacións por coronavirus baixan de golpe ata as 12 na área sanitaria, con só 2 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
Operativa a nova UCI de Montecelo para enfrontar unha hipotética segunda onda de contaxio por coronavirus
Por María José Pita |
-
A área sanitaria inicia a semana con 569 casos activos de coronavirus, un máis que o domingo
Por Diego Espiño |
-
Os positivos por coronavirus volven crecer na área sanitaria, con 18 casos máis nun día
Por Natalia Puga |
-
Estabilidade nos pacientes hospitalizados mentres os casos activos seguen crecendo ata 550
Por Natalia Puga |
-
Incremento ata os 535 casos activos de coronavirus na área sanitaria, pero con novo descenso nas hospitalizacións
Por Diego Espiño |
-
Un home de 68 anos convértese no falecemento número 15 por coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño | Creada e actualizada