Minuto de silencio en Montecelo polos profesionais sanitarios falecidos pola COVID-19
© Diego Torrado
VÍDEO.- Emotivo minuto de silencio polo persoal sanitario falecido polo coronavirus

Por Redacción

© Diego Torrado
Antes dos aplausos das oito, tamén houbo silencio. Profesionais sanitarios de toda Galicia, entre eles os do servizo de Urxencias de Montecelo, gardaron este venres un minuto de silencio por todos os seus compañeiros falecidos polo coronavirus.
Este sinxelo e emotiva homenaxe, que foi seguido polos tradicionais aplausos que se repiten todos os días desde o inicio do confinamento, fíxose extensible ao persoal da sanidade que segue en primeira liña fronte ao virus e ás súas familias.
A iniciativa foi convocada pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES), que denunciou nun comunicado a "intolerable" taxa de infectados por coronavirus entre os profesionais sanitarios.
Só en Galicia, segundo recoñeceu o Sergas, hai 1.233 traballadores da sanidade contaxiados pola COVID-19.
Silencio en Montecelo polo persoal sanitario falecido por coronavirus
Antes dos aplausos das oito, tamén houbo silencio. Profesionais sanitarios de toda Galicia, entre eles os do servizo de Urxencias de Montecelo, gardaron este venres un minuto de silencio por todos os seus compañeiros falecidos polo coronavirus
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Os máis pequenos dun edificio de Valdecorvos pintan un mural para dar as grazas a unha veciña sanitaria
Por Redacción |
-
Proxectan unha manifestación sindical en maio para demandar medidas de seguridade para o persoal sanitario
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Os 'superheroes' do Provincial contra o coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO.- Aplauso mutuo entre o persoal sanitario e traballadores da recollida de lixo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Así agradece o persoal de Cirurxía impar en Montecelo todo o apoio que recibe na loita contra o COVID-19
Por Anxo Lourido |