![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/724/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5eb04ad369-1.jpg)
© PontevedraViva
Os máis pequenos dun edificio de Valdecorvos pintan un mural para dar as grazas a unha veciña sanitaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo quedou por primeira vez libre de pacientes con coronavirus desde o estalido da pandemia, unha situación que aproveitaron os veciños máis pequenos do edificio Coki, situado na rúa Ramón Cabanillas do barrio pontevedrés de Valdecorvos, para render unha emotiva homenaxe a Susi, traballadora do hospital Montecelo.
Santi, Alba, Gloria, Dani, Alba e os irmáns Antía e Yago, son os nomes dos sete pequenos que quixeron sorprender á súa heroica veciña cunha serie de debuxos que colocaron na entrada do edificio.
Cando Susi saía cara ao seu traballo, atopouse con este emocionante mural. A sanitaria foi incapaz de conter as bágoas mentres daba as grazas aos pequenos por un detalle que non poderá esquecer nunca.