A Festa da Raia reinvéntase nas súas vodas de prata a través das redes sociais

Por Redacción
A alerta sanitaria pola COVID-19 obrigou a suspender a celebración de numerosas festas.
A última en caer foi a Festa da Raia de Portonovo, que cumpriría o seu 25 aniversario esta fin de semana. Con todo, a pesar da súa suspensión, a Concellería de Educación e Cultura, dirixida por Paz Lago, non deixará pasar a ocasión e recoñecerá igualmente o labor das persoas que participan cada ano na celebración e realizará unha traxectoria fotográfica pola cita.
A partir deste venres, no Facebook do Concello de Sanxenxo pódese visualizar o vídeo de Pilar Gómez, unha coñecida peixeira de Portonovo e unha das subministradoras do produto para a cita. No vídeo, Pilar suxeitando un exemplar de raia convida a todos os veciños a adquirir o produto e degustalo das múltiples formas que permite o seu cociñado.
"Segue habendo raia da mellor calidade na praza de Portonovo e de Sanxenxo. Estamos encantadas de servirvos nas vosas casas en caso de non poder achegarvos ata ou mercado" explica a protagonista. E é que o estado de alerta obrigou a activar un servizo a domicilio de moitos establecementos e as prazas de abastos non son unha excepción.
Outro dos protagonistas deste particular recoñecemento telemático da cita será, o sábado 25, co cociñeiro responsable dos fogóns da celebración, Valentín Fontán, da cafetería Azor.
El será o encargado de elaborar unha raia 'á caldeirada' e de animar a outros veciños a que fagan pública a súa receita de raia enviando os seus vídeos por privado ao Facebook do Concello para que logo poidan ser compartidos na mesma rede municipal. Co vídeo deberán facilitar o nome e o apelido do que realice a receita.
Ademais, para o domingo 26 está prevista unha galería fotográfica con imaxes das distintas edicións da cita e na que se fará un repaso pola evolución da festa nos seus vinte e cinco anos.
Relacionadas:
-
Sanxenxo mantén as súas festas pero prescindindo de orquestras, grandes concertos e atraccións
Por Redacción |
-
Sanxenxo comezará en breve a facer uso dun punto limpo móbil
Por Redacción |
-
Portonovo poderá dispoñer en xuño do novo skate park
Por Redacción |
-
Sanxenxo remodelará o exterior e o interior da praza de abastos de Portonovo
Por Redacción |
-
As lonxas recibirán máscaras para previr contaxios durante as poxas
Por Redacción |
-
Sanxenxo xa pensa no verán
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Carmen Uhía e Ana Fernández, ambas peixeiras, elixidas "Raias de Ouro"
Por Redacción |