VÍDEO.- Vilanova dedicará rúas a Amancio Ortega, á Garda Civil, ao Exército ou aos sanitarios
Por Oskar Viéitez
"Honor, a quien honor merece". Así xustificou o goberno local do Concello de Vilanova de Arousa a súa decisión de levar a pleno a proposta de adicar unha avenida no polígono empresarial de Baión a Amancio Ortega. Tamén se dedicarán outras rúas do polígono aos Sanitarios, á Garda Civil, ao Exército, á Policía, aos Voluntarios e a Protección Civil.
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán explicou que con este xesto se prentende recoñecer ao propietario de Inditex, a empresa matriz de Zara, a colaboración mostrada para conseguir material de loita contra a pandemia do Covid-19.
É "un homenaje más que merecido a una persona que ha hecho mucho por todos los españoles y por los gallegos", dixo o rexedor popular.
Gonzalo Durán indicou que a iniciativa xurdiu nas redes sociais do Concello.
Ao contar con maioría absoluta o goberno local do Partido Popular a proposta sairá adiante sen problema, aínda que Durán espera que a iniciativa conte no respaldo unánime.