Multados por ir tres persoas nun mesmo coche
Por Oskar Viéitez
Durante a noite do pasado mércores a Policía Local de Marín tramitou unha denuncia a tres individuos, que xa foran apercibidos con anterioridade, por viaxar nun mesmo coche.
Con motivo do estado de alarma os desprazamentos en coche tamén teñen que ser de xeito individual.
Nas rúas, a Policía Local de Marín segue traballando por velar polo obrigado cumprimento das estritas normas de confinamento derivadas do decreto do estado de alarma. Lembran que é necesario extremar as precaucións e deixar unicamente para o necesario os movementos pola vía pública, facendo as compras nos establecementos que estean máis preto do domicilio.
Tamén recordan aos usuarios de vehículos que estes desprazamentos tamén se deben facer en solitario.
SOLIDARIEDADE
A parte máis positiva e agradable desta crise sanitaria son as continuas mostras de solidariedade colectiva que se están a producir a nivel estatal e tamén en Marín. A Policía Local quere agradecer a Espacio Belleza, Novaestetic e a algún particular as doazóns de material desinfectante e de guantes feitas ao corpo de seguridade.
Pola súa banda, os axentes tamén quixeron devolver este xesto outorgándolle ao Centro de Saúde de Marín aqueles guantes de nitrilo que lles facían menos falta, varios EPIs (Equipos de Protección Individual) e unhas gafas de protección, que á súa vez chegaron ás mans da Policía pola xenerosidade de Agrícola Seixo.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Marín intensifica a vixilancia tras sumar xa 35 denuncias por incumprir o estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
A primeira semana de estado de alarma deixa 45 denuncias en Pontevedra por non respectar o confinamento
Por Natalia Puga |
-
Marín tramita tres novas denuncias e a alcaldesa pide colaboración por estar "no peor momento" da pandemia
Por Redacción |
-
Intensifican o control sobre os desprazamentos en coche: só o condutor salvo excepcións
Por Natalia Puga |