Pontevedra preside en Cádiz a Asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan
Por Redacción
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, presidía este xoves a Asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan, unha cita que se desenvolve no Pazo de Congresos de Cádiz. Este sábado celebrarase nese mesmo escenario o Congreso anual das Cidades que Camiñan, que preside o municipio de Pontevedra.
Representantes de 46 localidades participaron na reunión na que se declarou a esta entidade como asociación de utilidade pública. Fernández Lores expuxo a súa aposta por seguir avanzando en levar a cabo acciones urbanas que favorezan as camiñadas. Indicou que a Rede debe ser un interlocutor potente cos ministerios relacionados coa mellora de calidade urbana e a xestión sostible. Desta maneira, avoga porque ademais de coa Dirección Xeral de Tráfico, o colectivo manteña conversacións co ministerio de Transición Enerxética e co de Sanidade.
No último ano incorporáronse máis cidades a esta Rede, segundo explicaba a secretaria técnica Ana Montalbán, de forma que neste momento o organismo representa a 5 millóns de persoas. Tamén se analizou o traballo desenvolvido durante 2019, coa aprobación das contas e a previsión dos orzamentos para este 2020.
Relacionadas:
-
'Ciudades que Caminan', a rede presidida polo Concello de Pontevedra, ultima o seu oitavo congreso
Por Redacción |
-
Lores, desde Cádiz: "As cidades aínda son almacéns de coches, espazos agresivos, perigosos, que expulsan ás persoas"
Por Redacción |
-
A Deputación explica nun congreso o éxito das súas medidas de acougado de tráfico
Por Redacción |
-
Lores pide a Tráfico que inclúa medidas probadas "con moito éxito" en Pontevedra na nova normativa
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, a través da rede Cidades que Camiñan, reunirase con Pere Navarro, director de Tráfico
Por Alejandro Espiño |