'Ciudades que Caminan', a rede presidida polo Concello de Pontevedra, ultima o seu oitavo congreso
Por Redacción
En calidade de presidente da rede 'Ciudades que Caminan', o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participaba nunha videoconferencia para anunciar as datas e a sede do oitavo congreso da asociación, que se celebrará na localidade coruñesa de Carballo entre o 7 e o 8 de outubro deste ano 2021.
Na súa intervención, o alcalde agradeceu ao Concello de Carballo que se ofrecese a acoller esta cita, agardando que se converta no primeiro congreso da normalidade trala crise sanitaria actual.
"Recuperar os congresos presenciais é fundamental para termos diálogos máis fluídos e compartirmos experiencia do mellor xeito posible", explicaba Miguel Anxo Fernández Lores.
En canto o espírito deste congreso, manifestaba o rexedor que "andando enténdese a xente é un lema precioso, que xa indica o básico, a idea de camiñar como unha forma de unir as persoas. Animo a todo aquel interesado a achegarse a Carballo, unha vila grande, que traballou moitísimo con 'Ciudades que Caminan', polo que a visita permitirá coñecer as súas accións".
"Será unha sorte contar con xente como Pedro Torrijas, que aínda non hai moito referenciaba Pontevedra como a cidade do futuro, non Tokio nin outras macrourbes. Pontevedra leva 20 anos construíndo xa non unha zona de baixas emisións, senón unha cidade enteira", en referencia ao principal relator da xornada.
A rede de 'Ciudades que Caminan' é unha asociación non lucrativa, aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa "camiñabilidade". O seu obxectivo principal é que os peóns sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público.
Relacionadas:
-
A rede de Cidades que Camiñan premia o proxecto de transformación de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Pontevedra preside en Cádiz a Asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan
Por Redacción |
-
Pontevedra preside esta semana en Torrelodones o Congreso das Cidades que Camiñan
Por Redacción |
-
Ciudades que caminan ve en Pontevedra o "referente que queremos exportar al resto de la red"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As 'cidades que camiñan' centran a súa mirada en Pontevedra durante os dous próximos días
Por Alejandro Espiño |