Os anos 2019 e 2020 saúdanse con sol e temperaturas mínimas frías
Por Redacción
Mínimas de 3 graos e máximas de 20. Esa será a abano no que se moverán os termómetros nas Rías Baixas este luns 30 de decembro, último luns do ano e o inicio dunha semana na que os anos 2019 e 2020 se saudarán en medio dun tempo de ceos asollados, temperaturas mínimas frías e máximas elevadas para esta época do ano.
Segundo as predicións de Meteogalicia, para estes primeiros días da semana prevense ceos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ao agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente no último día de 2019 e o primeiro de 2020.
En concreto, para este martes agárdanse mínimas de 5 e máximas de 15 e para o mércores 1 de xaneiro a predición é de un grao máis nas mínimas (6 graos nas horas máis frías do día) e máximas sen cambios. O sol estará no ceo de forma constante durante as dúas xornadas.
Xa na xornada do xoves as Rías Baixas continuarán co esquema de frío e néboas no interior pola mañá pero a medida que avance o día irán entrando nubes desde o Atlántico.
O venres romperase o predominio anticiclónico pola chegada dunha borrasca que deixará algunhas chuvias, pero non será un empeoramento prolongado, xa que o sábado agárdase un día de transición e o vindeiro domingo chegaría a Galicia un novo anticiclón que prolongaría a súa presencia nos primeiros días da seguinte semana.
Xa na xornada do xoves as Rías Baixas continuarán co esquema de frío e néboas no interior pola mañá pero a medida que avance o día irán entrando nubes desde o Atlántico.
O venres romperase o predominio anticiclónico pola chegada dunha borrasca que deixará algunhas chuvias, pero non será un empeoramento prolongado, xa que o sábado agárdaseun día de transición e o vindeiro domingo chegaría a Galicia un novo anticiclón que prolongaría a súa presencia nos primeiros días da seguinte semana.