Sen chuvias na recta final do ano
Por Redacción
Tras as choivas das últimas horas e despois dun decembro no que as precipitacións foron moi abundantes, a recta final do ano aparece despexada de máis episodios treboentos. De aquí ata que comece o 2020, non se espera que caia máis auga sobre Pontevedra.
Así o recollen as previsións meteorolóxicas de Meteogalicia para os próximos días. As Rías Baixas quedarán o resto da semana baixo os efectos dun anticiclón que farán que o sol luza no ceo durante os últimos días de decembro e os primeiros de xaneiro.
A nebulosidade irá en aumento, aínda que sen precipitacións no horizonte, a partir de Aninovo.
As temperaturas, sen chegar aos vinte graos rexistrados o día de Nadal, estarán en valores agradables para esta época do ano. Ata 17 graos de máxima haberá nos próximos días, mentres que a partir da fin de semana irán baixando paulatinamente.
As mínimas, pola súa banda, manteranse durante todo este período ao redor dos 8 ou 9 graos, segundo as análises de Meteogalicia, que destaca a persistencia de vento moderado de compoñente sur ata que termine o ano.